Páginas

viernes, 19 de diciembre de 2014

nUNnca

quixen  obrigar coas mans pechadas o que os ollos non podian ver detrás dun camiño de aranceis pisados polas rosas mortas e turbadas que agora xacen no meu sangue, os glóbulos marchitos
da desesperación que aparece tras o espello do teu interior que non se anuncia, pero se che anuncia e antóllaseche que todas as manchas foron indelebles antes de seres nin resoltamente pensadas, prensadas e disecadas, como a esquina da punta do colo da camisa sen oxales porque non querías gravata apretada e ata os teus calzóns folgados encolleron como un idioma que se inventa, simplemente movendo os dedos unha tecla, como esa brizna de herba que un zapato pisou para que fose inverno, para que naceses un segundo despois, e...irremediable e instantaneamente todo sexa tan distinto, anque quizais, non distinguible, nen distinguido, talvez...desteñiu a coada, mientras ti te di-secabas e ELA aínda seguía aboiando.

Mar Romero.



Reticencias

Os mortos en vida
contidos
nos puntos suspensivos
aínda
se foras
unha pinga de choiva
escorregarías
todo por ti
ti por 
todo.

Mar Romero




Cando...

Cando non fiquen veas que cortar
as aflixidas testemuñas mudas
do demo mundo
as lacras en imaxes conxeladas
a repetición de soidades
acompañadas
as palabras mudas e sen tinta
os colexios da inocuidade
as miradas insolentes de inocencia estéril
os fardos invisibles nas costas aletargadas
as ás pisoteadas e cortadas do voo imposible xa
o disturbio do día tras a noite, non menos turbia
os amenceres nun horizonte redondo
que te volta onde está(s)
tras viaxar polas nubes dos soños
todo
todo...
seguirá
aínda...

cando non fiquen veas por cortar

Mar Romero.

O SISTEMA MANIPULANDO O SERÁN

 Era un xogo de palabras que consistía en mesturalas e esperar a ver si dicían algo que chegase á xente. Consistía en buscar as maneiras, as formas, a súa dicción adecuada; os xestos, os seus silencios, as pausas perfectamente pensadas e estudiadas. Buscar o seu momento propicio para dicilas, o lugar, o contexto. Ter a excusa perfecta para poder lanzalas coma unha mirada furtiva que se tenta agochar na timidez e na vergoña.
Eles non tiñan moito tempo para poder pensar. Estábase a xestionar o tempo de todos, de forma que sempre houbese un motivo ou razón polo que estar ocupados para non poder pensar, observar, e reflexionar. O tempo ben se sabía que non existía. Só existían os instantes, os momentos, as situacións puntuais. E era aí onde se tiñan que deixar caer isas palabras, isas frases, isas alegorías; coma chuva fina que vai mollando e calando o que de por sí xa está anegado.
Diste xeito podería ir chegando a todos eles iso que se pretendía infundir. Aperecería así a inquedanza, a inseguridade, a disconformidade, a confusión, o non ver sentido a nada de todo iso, porque realmente nada de todo iso tiña sentido. E iso era o que se pretendía facer. Degradar o concepto das cousas para poder degradar o suxeito en cuestión. Pechar os ollos á multitude para inventar unha realidade ficticia que os condenaría eternamente a escuridade da verdadeira realidade que camiñaba por outros sitios e de outras formas. E sempre en beneficio dos mesmos, de cada día -.
Medo, confusión, inseguridade, falla de confianza nun mesmo e no conxunto. Alboroto, algarabía, verdades a medias de medias verdades. E mentiras nunha proporción totalmente descontrolada.
Ignorancia e medo era e fora sempre a receita adecuada pra poder manexar ó conxunto cara onde interesaba.
Democracia foi a palabra que permitiu co engano da aparente liberdade poder expoliar e explotar e saquear o ben común en beneficio dos mesmos duns poucos.
E por iso non podía parar o xogo das palabras de dar voltas e reviravoltas pra suxerir e sugestionar ou convencer de que iso era o que se pretendía dicir. E se nalgún caso alguén ousaba cuestionar ou dubidar do que isas palabras pretendía inculcar e aleccionar nos devotos creentes, entón saía a palavra terrorismo, atendado, inseguridade cidadá, que sempre estaba tentando acadar a víctima propicia dun sistema terrívelmente manipulado.
As probas pra demostrar o novo medo que se estaba tentando exercer na maioría, aparecían por arte de maxia , = que isas palabras que saíran dise xogo e buscaran os ouvidos necesarios para darlle correcto significado e verdade.
E no caso de que todo iso non valese de nada, sempre quedaba o recordo máis primitivo e fundamental de toda historia creada e olvidada, que consistía en apretear lentamente no pescozo pra deixar cada vez menos aire que poder respirar, e polo que xa estabamos tamén empezando a pagar relixiosamente.
I entón, neste serán embaloucado de xogos de palavras e de coissas que som e nom som e de miradas confusas e sospeitosas, (coidado que puidesse haver um atemtado da dicción!!!), a lírica do cinismo?, revisando na enciclopedia das malas intencións, empezamos a interpretar as cousas de xeito que nos sentiamos cómodos no camiño do engano, xesticulando coa seguridade de que non se estaba a dicir a verdade, mirando fixamente cara ningún sitio ou cara un que non é nada, e poñendo demasiadas pegas ó que era evidente...
Falou a tardiña moi cedo e dixo algo máis ou menos asím:

La vida nunca me ha defraudado
Me defraudaron todos aquellos
Que pululan por ella como animales de carroña
Formando parte de ésa nuestra obra imperfecta...

BLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLA

SERAN-VENCELLO.