quixen
obrigar coas mans pechadas o que os ollos non podian ver detrás
dun camiño de aranceis pisados polas rosas mortas e turbadas que
agora xacen no meu sangue, os glóbulos marchitos
da
desesperación que aparece tras o espello do teu interior que non se
anuncia, pero se che anuncia e antóllaseche que todas as manchas
foron indelebles antes de seres nin resoltamente pensadas, prensadas
e disecadas, como a esquina da punta do colo da camisa sen oxales
porque non querías gravata apretada e ata os teus calzóns folgados
encolleron como un idioma que se inventa, simplemente movendo os
dedos unha tecla, como esa brizna de herba que un zapato pisou para
que fose inverno, para que naceses un segundo despois,
e...irremediable e instantaneamente todo sexa tan distinto, anque
quizais, non distinguible, nen distinguido, talvez...desteñiu a
coada, mientras ti te di-secabas e ELA aínda seguía aboiando.
Mar Romero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario