Cando non fiquen veas que
cortar
as aflixidas testemuñas
mudas
do demo mundo
as lacras en imaxes
conxeladas
a repetición de soidades
acompañadas
as palabras mudas e sen
tinta
os colexios da inocuidade
as miradas insolentes de
inocencia estéril
os fardos invisibles nas
costas aletargadas
as ás pisoteadas e
cortadas do voo imposible xa
o disturbio do día tras a
noite, non menos turbia
os amenceres nun horizonte
redondo
que te volta onde está(s)
tras viaxar polas nubes
dos soños
todo
todo...
seguirá
aínda...
cando non fiquen veas por
cortar
Mar Romero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario