Páginas

viernes, 19 de diciembre de 2014

O SISTEMA MANIPULANDO O SERÁN

 Era un xogo de palabras que consistía en mesturalas e esperar a ver si dicían algo que chegase á xente. Consistía en buscar as maneiras, as formas, a súa dicción adecuada; os xestos, os seus silencios, as pausas perfectamente pensadas e estudiadas. Buscar o seu momento propicio para dicilas, o lugar, o contexto. Ter a excusa perfecta para poder lanzalas coma unha mirada furtiva que se tenta agochar na timidez e na vergoña.
Eles non tiñan moito tempo para poder pensar. Estábase a xestionar o tempo de todos, de forma que sempre houbese un motivo ou razón polo que estar ocupados para non poder pensar, observar, e reflexionar. O tempo ben se sabía que non existía. Só existían os instantes, os momentos, as situacións puntuais. E era aí onde se tiñan que deixar caer isas palabras, isas frases, isas alegorías; coma chuva fina que vai mollando e calando o que de por sí xa está anegado.
Diste xeito podería ir chegando a todos eles iso que se pretendía infundir. Aperecería así a inquedanza, a inseguridade, a disconformidade, a confusión, o non ver sentido a nada de todo iso, porque realmente nada de todo iso tiña sentido. E iso era o que se pretendía facer. Degradar o concepto das cousas para poder degradar o suxeito en cuestión. Pechar os ollos á multitude para inventar unha realidade ficticia que os condenaría eternamente a escuridade da verdadeira realidade que camiñaba por outros sitios e de outras formas. E sempre en beneficio dos mesmos, de cada día -.
Medo, confusión, inseguridade, falla de confianza nun mesmo e no conxunto. Alboroto, algarabía, verdades a medias de medias verdades. E mentiras nunha proporción totalmente descontrolada.
Ignorancia e medo era e fora sempre a receita adecuada pra poder manexar ó conxunto cara onde interesaba.
Democracia foi a palabra que permitiu co engano da aparente liberdade poder expoliar e explotar e saquear o ben común en beneficio dos mesmos duns poucos.
E por iso non podía parar o xogo das palabras de dar voltas e reviravoltas pra suxerir e sugestionar ou convencer de que iso era o que se pretendía dicir. E se nalgún caso alguén ousaba cuestionar ou dubidar do que isas palabras pretendía inculcar e aleccionar nos devotos creentes, entón saía a palavra terrorismo, atendado, inseguridade cidadá, que sempre estaba tentando acadar a víctima propicia dun sistema terrívelmente manipulado.
As probas pra demostrar o novo medo que se estaba tentando exercer na maioría, aparecían por arte de maxia , = que isas palabras que saíran dise xogo e buscaran os ouvidos necesarios para darlle correcto significado e verdade.
E no caso de que todo iso non valese de nada, sempre quedaba o recordo máis primitivo e fundamental de toda historia creada e olvidada, que consistía en apretear lentamente no pescozo pra deixar cada vez menos aire que poder respirar, e polo que xa estabamos tamén empezando a pagar relixiosamente.
I entón, neste serán embaloucado de xogos de palavras e de coissas que som e nom som e de miradas confusas e sospeitosas, (coidado que puidesse haver um atemtado da dicción!!!), a lírica do cinismo?, revisando na enciclopedia das malas intencións, empezamos a interpretar as cousas de xeito que nos sentiamos cómodos no camiño do engano, xesticulando coa seguridade de que non se estaba a dicir a verdade, mirando fixamente cara ningún sitio ou cara un que non é nada, e poñendo demasiadas pegas ó que era evidente...
Falou a tardiña moi cedo e dixo algo máis ou menos asím:

La vida nunca me ha defraudado
Me defraudaron todos aquellos
Que pululan por ella como animales de carroña
Formando parte de ésa nuestra obra imperfecta...

BLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLABLA

SERAN-VENCELLO.


No hay comentarios:

Publicar un comentario